000 03034nam a2200241 i 4500
008 230112s2021 sp d glg
017 _aVG 370-2021
020 _a9788412143362
080 1 _a 087.5:5/6-051-055.2(460.11)
080 1 _a087.5:929
100 _aBlanco González, Isabel
_eaut
_926256
245 0 _aGalegas na ciencia
_c/ Isabel Blanco ; ilustracións de María Lapido
250 _a1.ª ed., 1ª impr.
260 _aVigo
_b: Belagua
_c, 2021
300 _a47 p.
_b: il. cor
_c; 28 cm
520 3 _aDe Isabel Zendal (1777) a María Teresa Miras Portugal (1948), este libro recolle as biografías de vinte científicas galegas. Elas abriron as portas da ciencia a milleiros de mulleres. Da súa personalidade falan, ao mesmo tempo, os textos de Isabel Blanco e os magníficos retratos á acuarela da ilustradora María Lapido, que fan deste libro unha obra de arte. «Hai tempo que lle debía a unha amiga un libro sobre mulleres e ciencia, un libro que animase as novas xeracións a perseguir os seus soños sen importarlles o que os demais pensen; un libro que axudase a romper estereotipos de xénero e abrise as portas das ciencias a homes e mulleres por igual. E, para iso, decidín apoiarme na historia de vinte mulleres científicas. A súa elección non foi froito do azar. Os criterios de selección estiveron guiados por varias premisas. A primeira delas, a galeguidade, é dicir, que fosen mulleres, nadas ou non en Galicia —a maioría naceron aquí— cuxas vidas profesionais se desenvolvesen ou estivesen fortemente vinculadas a esta terra. A segunda premisa foi que esas mulleres atravesasen as portas —tanto tempo pechadas para elas— do mundo científico e tecnolóxico e o fixesen a pesar dos obstáculos e, en ocasións, das burlas e dos desprezos. Quixen rescatar as pioneiras, as primeiras, as que abriron o camiño para as demais. Por último, o criterio cronolóxico levoume a comezar no século xviii, onde atopei a Isabel Zendal, e terminar en 1948. As razóns para rematar nese ano foron, por unha banda, pechar unha década e, por outra, retratar parte dos anos máis difíciles de España, coa Guerra Civil polo medio. Desde logo, as décadas dos 50 e 60 do século xx tampouco foron fáciles para as mulleres, pero o maio do 68 en Francia e a segunda onda feminista que percorreu as décadas dos 60, 70 e 80 daban azos cara á procura dunha sociedade igualitaria. Aínda seguindo estes criterios quero aclarar que hai moitas máis mulleres galegas que desde o século xviii e ata os anos 50 do xx se dedicaron ao mundo da ciencia, a tecnoloxía e a investigación. Centos. E hoxe, máis de medio século despois, miles. E queremos ser centos de miles. Este libro é homenaxe e alento, é memoria e presente e, sobre todo, é saberse futuro».
521 _aPRI34
_aTER
650 _aCientíficas
_xGalicia
_xLibros infantís
_9233384
650 _aBiografías
_9233385
700 _aLapido, María
_eill
_949457
997 _e2