Soidades / Neus Moscada, Chiara Fatti
por Moscada, Neus [autor/a]
; Fatti, Chiara [ilustrador/a]
; Fatti, Chiara
.
Tipo: 




Este rexistro ten moitos ítems físicos (74). Faga clic aquí para velos todos.
2º B ED PRIMARIA
ai momentos nos que me gusta estar soa, porque só estando soa oio como as pingas de auga deciden o mellor instante para se lanzaren desde as nubes, e só así podo cheirar o verde do campo… A protagonista desta historia fala en primeira persoa e ao paso que nos guía polas súas percepcións, cóntanos os seus sentimentos. Por momentos, comprendémolos e somos cómplices da súa intimidade, desa sensación de liberdade que a invade ao estar soa e poder facer cousas coma falar coas libélulas, contarlle segredos á lúa, escoitar a música do silencio… A miúdo se asocia a soidade con sentimentos negativos, mais resulta un concepto complexo de explicar, xa que este estado posúe valores ben diferentes: tristeza, abandono, perda; máis tamén tranquilidade, satisfacción, benestar, creación… Podemos considerar a soidade, un problema cando non a eliximos, non sabemos convivir con ela, ou saír dela; pero tamén pode ser unha experiencia necesaria, unha oportunidade para coñecernos a nós mesmos, os nosos pensamentos, os nosos soños… Neus Moscada e Chiara Fatti móstrannos como a soidade se transforma en soño, en cor, en diálogo coa natureza… Nesta orixinal proposta plástica, a ilustradora sorpréndennos cunha inversión de fondo/figura, na que os primeiros planos aparecen en branco e negro e a cor se reserva para os fondos. En resumo, un conto inzado de metáforas e sinestesias, tanto no texto como nas imaxes, coas que profundaremos nos sentimentos e nas sensacións. Para un público sen idade. Texto de Neus Moscada Ilustracións de Chiara Fatti Tradución do castelán de Paco Liván
1º-2º Primaria