«Quen se levou toda a neve, Paxaro?»
Nesta nova aventura, o noso duo formado por Paxaro e Esquío adéntranse no inverno, estación que Esquío vai descubrindo da man de Paxaro. Que é iso branco que entrou na casa de Esquío? Que pasa se Esquío comese un floco de neve? Todas estas preguntas terán a súa resposta!
Alice Hemming e Nicola Slater volven para traernos esta divertida historia que nos ensinará as características da estación máis fría do ano.
4º-5º-6º Educación Infantil