Heikkilä, Cecilia

A última fronteira / Cecilia Heikkilä - 1ª ed. - [Vigo] : Patasdepeixe , 2023 - [38] p. : il. cor ; 29 cm

O avó e o osiño comparten o soño de visitar a última fronteira: un lugar especial e difícil de atopar cheo de criaturas salvaxes e marabillosas, un lugar onde o aire arrecende a arume de piñeiro, un lugar que só viron nunha postal.
Os dous estudan mapas, len libros e practican a acampada para preparárense para a súa aventura. Despois
zarpan para o norte, pero cando chegan alí, atopan un porto animado cheo de tendas, onde parece que
ninguén lembra a última fronteira. Existirá aínda o fermoso lugar dos seus soños ou nunca poderán atopalo?
Esta historia íntima e colectiva de abraio e aventuras explora a través dun carrusel de imaxes en movemento
temas como a celebración da natureza e a fraxilidade das paisaxes salvaxes, ao tempo que, de forma
paralela, fainos ser conscientes dos afectos familiares e dos vínculos que nos unen á vida en todas as súas dimensións, do persoal ao colectivo, do íntimo ao universal.
A impresionante obra de arte de Cecilia Heikkilä está chea de textura, cor e carácter. A lectora atopará nas súas ilustracións calma e acougo, abraio e emoción.

3º-4º Primaria 1º-2º Primaria

9788412781007


Aventuras
Viaxes

82-N

Coa tecnoloxía Koha